Graduación Educación Infantil

Como todos os anos celebramos un dos días máis especiais para o alumnado que remata o ciclo de educación infantil. Foi un día de nervos, emotivo e cheo de alegría. Para mostra preparamos un collage con fotos do alumnado da aula de 5 anos .

Podcast 3º ESO

Este curso os alumnos e alumnas de 3º da ESO gravaron por parellas ou grupos un podcast, un true crime. Foi unha experiencia moi divertida coa que se traballaron na aula as habilidades orais, a creatividade, a aprendizaxe autónoma e a competencia dixital.
Aquí tedes unha pequena mostra: arquivo de audio.

Tres galardóns no Faro da Escola

E por fin chegou o día da entrega de premios Faro da Escola 2023! Despois de tanto esforzo e traballo durante o curso, chega o día onde se recoñece a labor de alumnado como xornalistas e redatores do noso proxecto Faro da Escola, no que participamos por oitava vez. Houbo moitos nervios nos momentos previos, e moita emoción pero aquí están a distincións que gañamos: – 2° premio “Vitrasa” – 1° premio “Concello de Vigo” – Premio especial “In memoriam”—

Ler máis

Información

Informámoslles de que Brais Sport (Sanjurjo Badía 108 baixo, tel: 986261848), a tenda de material deportivo que subministra o chándal do colexio, pecha. Segundo nos informan, hai unha liquidación do 30% de desconto, incluído o chándal do centro.