Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

O grupo de 4.º da ESO asistiu hoxe á VI Edición da Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais, que se celebrou no Auditorio Mar de Vigo. Aquí puideron informarse sobre distintas oportunidades formativas que existen en Vigo. Así coñeceron cursos, ciclos e graos aos que poden acceder relacionados con múltiples ámbitos: idiomas, deseño gráfico, deseño web, auxiliares de voo, xoieiría, música, comercio internacional…

Obra de teatro: SAFARI

O pasado venres, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria foron ao teatro AFundación para desfrutar dunha marabillosa obra chamada SAFARI. Dramatizada por soamente dous actores, trasladounos a África, máis concretamente á rexión do Serengueti, onde misteriosamente desaparece o león. Coa axuda dos nosos valentes exploradores, desvelamos o porqué da desaparición do rey da selva, ao mesmo tempo que aprendemos valores como o respecto e a empatía. Pero o que máis destacamos e a aprendizaxe dunha valiosa—

Ler máis

Obradoiros didácticos de IMATXINA

Hoxe o noso alumnado de 1.º e 2.º da ESO desprazouse ata o Auditorio Mar de Vigo para participar nos obradoiros didácticos de IMATXINA. Traballaron con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos, espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas. As actividades manipulativas son un gran xeito de aprender!

Día da Muller e a Nena na Ciencia

A propósito da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o noso alumnado de 2.º da ESO puido participar nuns obradoiros organizados polos servizos de Normalización Lingüística e Igualdade (concello de Vigo). O obxectivo destes obradoiros era dar a coñecer as contribucións de mulleres científicas, ademais de poñer en valor o uso da lingua galega no ámbito das ciencias. A xornada transcorreu con moita emoción por parte do alumnado, moi motivado nas materias científicas. Podedes comprobalo xa—

Ler máis

VISITA A NATURNOVA

O pasado martes, os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron de excursión a Naturnova. Alí, aprenderon un montón de cousas sobre os seres vivos, os ecosistemas, o espazo exterior e a noso planeta. Realizaron actividades de reciclaxe, exploraron o fondo da ría nun submarino e aprenderon cousas moi interesante sobre a nosa galaxia. Mirade que ben o pasaron!

3.º e 4.º de primaria visitan a Villa Romana de Toralla

Os grupos de 3.º e 4.º de educación primaria visitaron o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo.

Este espazo pretende achegar ao noso alumnado a historia da nosa cidade, a través de diferentes recursos, como reconstrucións, maquetas ou debuxos.

Os nenos e nenas, acompañados duns expertos arqueólogos, percorreron estes espazos, e achegáronse así ao mundo romano e puideron coñecer a súa influencia na nosa cidade, como por exemplo a súa economía baseada na pesca. Deste xeito, reforzaron os coñecementos traballados previamente na aula, e aprenderon outros novos.

Tamén puideron gozar dun paseo polo xacemento arqueolóxico situado ao seu carón, a Villa Romana de Toralla, onde se pode ver a propia villa e a salina, vinculados ás actividades da pesca e salgadura.

Así transcorreu a xornada:

Seguro que moitas familias aínda non visitastes este marabilloso espazo que temos na nosa cidade, e agora teredes uns magníficos guías!