Día das Letras Galegas

Este ano 2023, dedícaselle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, intelectual, editor, escritor e gran mantedor da nosa cultura.

Ademais de coñecer esta persoa e afondar no seu traballo, decidimos traballar a fraseoloxía e o léxico de noso. Enfocámolo desde unha óptica creativa, na que o alumnado puido facer un deseño dunha camiseta na que plasmase algunha frase feita das traballadas.

Hoxe xuntámonos para compartir estes traballos e algunhas destas frases.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos creadores das camisetas que máis gustaron:

E tamén un pequeno vídeo:

 

 

Comments are closed