O Samaín (parte 1)

Estes días, nos que celebramos o Samaín, o alumnado de educación infantil recibiu a visita dalgúns compañeiros e compañeiras de secundaria que querían contarlles un conto. O álbum elixido foi Queda sitio na vasoira? Despois, ao igual que fixo a meiga, os nosos pequenos e pequenas prepararon a súa pócima, recitaron o seu conxuro e conseguiron que aparecesen uns doces.

Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic

O venres pasado o grupo de 3.º da ESO visitou a Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para participar na xornada Conecta con atlanTTic. Ademais da cámara anecoica, na que non se escoitaba ningún son, puidemos ver a maqueta a tamaño real do último satélite enviado ao espazo, chamado “Lume”. No laboratorio de óptica-electrónica puidemos tocar os microchips cos que traballan. E, por último, dos distintos postos polos que pasamos, chamounos a atención o can robot. Algún do noso alumnado—

Ler máis

Vigo en inglés 2023

Algunhas das nosas alumnas de 4.º da eso están a participar no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa, impulsado polo Concello de Vigo. Durante a súa estadía, ademais de saídas e excursións, teñen a oportunidade de asistir a un centro escolar. É unha oportunidade óptima para mellorar o seu dominio da lingua inglesa e afondar nunha nova cultura.