Notas ESO

As cualificacións da primeira avaliación de ESO publicaranse en Abalar o día 2 de decembro ás 16:00 h.

Regueifando en primaria

O alumnado de 5.º e 6.º de primaria recibiu a visita dos regueifeiros Pinto e Caruncho. Ensináronlle ao noso alumnado a orixe das regueifas, a súa presenza ao longo do planeta e como se compoñen estas coplas, acompañados do son da zanfona. Despois déronlles algunhas directrices para que puidesen atreverse a facer as súas primeiras coplas e… aquí hai futuro!! Cantaron todos xuntos e despois tamén se atreveron a facelo de xeito individual. Este foi só un primeiro achegamento a—

Ler máis

Magosto 2022 (Ed. Primaria)

E por fin!! Despois de moito tempo… marchamos a celebrar o Magosto!! O pasado día 10 de novembro todo o cole subímonos aos buses rumbo ao monte Vixiador a celebrar por fin xuntos o Magosto. Asegúrovos que ganas non lles faltaban como podedes ver no vídeo que vos podedes atopar na seguinte ligazón. Tamén atoparedes as carreiras de sacos e moitas cousas máis! Magosto 2022 (Ed. Primaria) Foi unha mañá divertidísima, alegre e amena na que o máis importante era—

Ler máis