Brincadeiras da lingua (de 1º E.P. a 4º E.P.)

O pasado luns 14 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa presenza no salón de actos do cole do grupo teatral Migallas, que nos presentou o seu espectáculo “Brincadeiras da lingua”. O alumnado de primeiro a cuarto de Educación Primaria tivo a oportunidade de pasar un bo rato con estes artistas que nos agasallaron cunha coidada posta en escena chea de detalles, grazas aos que nos aprenderon retahílas, cancións de berce, trabalinguas populares, xogos de botar a sorte,—

Ler máis

Ampliación axuda material escolar

Lembren que os destinatarios das axudas para material escolar por importe de 50 euros teñen unha ampliación de axuda de 25 euros.  Polos prazos establecidos, deben pasar pola Administración do colexio o antes posible.