Celebración dos maios

Esta semana celebramos os maios no colexio. Moitos dos nosos alumnos e alumnas non coñecían o significado desta celebración, así que decidimos explicar en que consistía esta data e tamén preparamos unhas coplas para cantar. Tivemos unhas guías da cerimonia estupendas: que deron paso ás demostracións da lírica popular dos compañeiros e compañeiras. Elas e eles serán os mantedores das nosas tradicións.

Concurso Arquimedianos21

Coincidindo coa Semana do Libro 2023, xa hai gañadora do concurso de matemáticas Arquimedianos21 (7ª edición), que comezou o 25 de marzo.  Parabéns a esta alumna de 3º ESO e que goce do seu premio: un vale para mercar o libro que queira.

Semana do Libro 2023

Durante a semana do 17 ao 23 de abril, fixemos diferentes actividades a propósito da celebración do Día do Libro.Lanzamos, ao alumnado de secundaria, tres propostas para que escollesen: a creación dun perfil literario en Instagram, un bookface ou unha escena literaria. Neste vídeo, podedes ver o resultado: Tamén se organizou un obradoiro sobre a orixe da escritura, diferentes tipos de escritura (cuneiforme, xeroglífica…), etcétera. Felices lecturas a todos e a todas!

Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual,  unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.