Axudas para material escolar

A partir do mércores 19 de outubro,  os destinatarios/as da ampliación directa de axudas para material escolar poderán recollelas no centro en horario de Administración. (9:10-11:00, 13:00-13:50). Máis informción no menú da dereita. (Curso 2022-23, Axudas e actividades.)

Extraescolares

Consulta aquí e apúntate á que máis che guste. Para inscribirte debes rexistrarte cun correo electrónico e co contrasinal que recibirás por Abalar.

 

Vigo en inglés

Algúns dos nosos antigos leonciños, xa en Bacharelato, están a participar estes días da súa experiencia no programa do Concello de Vigo: Vigo en inglés. A súa experiencia de inmersión lingüística está a transcorrer na cidade de Chester. Esperamos que regresedes co voso corazón cheo de grandes aventuras.

Normativa por etapas

Recomendamos que lean as normas e recomendacións para Ed. Infantil e Primaria. (Menú da esquerda: Oferta educativa e Normativa>Infantil/Primaria.)

Benvidos/as ao novo curso

  • Comezo: 8 de setembro
  • Entrada: todo o alumnado por Travesía de Vigo
  • Horario (para este día e o resto do curso):
    • Infantil: 9:10-14:10 h
    • Primaria: 8:50-13:50 h
    • ESO: martes, mércores e venres: 8:50-14:40 h luns e xoves: 8:00-14:40 h
  • Comezo aula matinal e comedor: 8 de setembro
  • Normas COVID: non hai

       Pregamos puntualidade