Graduación de 4.º da ESO

Toda aventura debe chegar á súa fin e así, pouco a pouco, ano tras ano, chegaron a 4.º da ESO estes rapaces e rapazas que sempre terán connosco o seu fogar. Tiveron un acto de graduación cheo de lembranzas, risos e algunhas bágoas. Gardaremos sempre estes momentos no noso corazón. Vós sodes moi grandes… e as vosas familias tamén! E agora é o voso momento de voar. O futuro é voso!

DígochoEu

Hai unhas semanas, compartiamos con vós uns vídeos feitos polo alumnado de secundaria nos que recreaban o programa Dígocho Eu. A semana pasada achegámonos ata Santiago de Compostela para asistir á gravación dun programa en directo. Ata alí fomos algunhas alumnas, familias e profesoras do centro. Puidemos coñecer a Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío. Foi unha tarde inesquecible, compartida con moitos centros escolares que tamén se achegaron para vivir unha tarde única. Se queredes ver tamén o programa, podedes—

Ler máis

Roteiro literario: Os fillos do lume

No Departamento de Lingua Galega e Literatura propuxemos este ano a lectura de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. O alumnado de 4.º da ESO gozou lendo esta obra e serviunos para descubrir que descoñecían Vigo, a cidade onde viven! Así que decidimos poñerlle remedio. Xunto co Departamento de Xeografía e Historia creamos un itinerario co que puidemos coñecer, aprender e gozar da obra e da cidade. O pasado 7 de xuño saímos a percorrer a cidade e a—

Ler máis

Premios da VII Edición do Faro da escola

A principio de curso, un ano máis, o noso alumnado comezaba ilusionado a traballar na VII Edición do Faro da Escola como xa é tradición no noso centro. Coma sempre, toda Primaria e infantil colaboraron neste proxecto o cal deu os seus froitos este pasado martes. Ilusionado o noso alumnado recollía os galardóns de 3º mellor xornal e 3ª mellor portada. Pero os mellores premios xa os recolleran moito antes: todas aquelas experiencias e aqueles aprendizaxes vitais e competencias traballadas—

Ler máis

Día de convivencia de secundaria: Illa de Ons

Este pasado venres, o alumnado de secundaria gozou dunha xornada de convivencia na Illa de Ons. Viaxaron en barco ata a illa. Unha vez alí, participaron nunha xincana de preguntas sobre a illa. E, ao rematar, achegáronse ata a praia. Compartiron o momento da comida e o de xogos na praia. E, para rematar, fixeron unha ruta ata o faro. Foi unha fermosa xornada ao aire libre, que esperamos que poidan repetir pronto.