-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Celebración dos maios

Esta semana celebramos os maios no colexio. Moitos dos nosos alumnos e alumnas non coñecían o significado desta celebración, así que decidimos explicar en que consistía esta data e tamén preparamos unhas coplas para cantar. Tivemos unhas guías da cerimonia estupendas: que deron paso ás demostracións da lírica popular dos compañeiros e compañeiras. Elas e eles serán os mantedores das nosas tradicións.
Certame de pintura Vigolandia
Concurso Arquimedianos21
Coincidindo coa Semana do Libro 2023, xa hai gañadora do concurso de matemáticas Arquimedianos21 (7ª edición), que comezou o 25 de marzo. Parabéns a esta alumna de 3º ESO e que goce do seu premio: un vale para mercar o libro que queira.
Semana do Libro 2023

Durante a semana do 17 ao 23 de abril, fixemos diferentes actividades a propósito da celebración do Día do Libro.Lanzamos, ao alumnado de secundaria, tres propostas para que escollesen: a creación dun perfil literario en Instagram, un bookface ou unha escena literaria. Neste vídeo, podedes ver o resultado: Tamén se organizou un obradoiro sobre a orixe da escritura, diferentes tipos de escritura (cuneiforme, xeroglífica…), etcétera. Felices lecturas a todos e a todas!
Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual, unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.