Recibimos á Policía para falar de Educación Vial

O pasado martes día de 10 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a visita da Policía Local de Vigo. Tratouse de Pilar e Pablo, dous membros da Policía especializados na Educación Vial. Viñeron a darnos unha charla sobre a xestión emocional relacionada coa Educación Vial e como os nosos sentimentos poden influir positiva ou negativamente. Despois da charla, realizaron un obradoiro cos nenos e nenas nos que traballaron por grupos. Así, cada—