Día de Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. No colexio non quixemos deixar pasar esta data e realizamos diversas actividades ao redor da figura da nosa escritora. O grupo de 1.º de primaria interpretou en lingua de signos “Adiós ríos, adiós fontes”: En 2.º da ESO interpretaron algúns versos en galego e tamén nas súas linguas maternas, amosando que Rosalía é mundial: O grupo de 6.º de primaria recitou o poema “Adiós ríos, adiós fontes”: E—

Ler máis

Día da Paz 2024

Con motivo do Día da Paz , celebramos un pequeno acto conmemorativo no patio. Os nosos alumnos/as colocaron as pezas dun crebacabezas xigante e cantaron a canción “Paz,Paz,Paz” de Juanes, que previamente prepararan na materia de Música.

Entroido Educación Infantil 2024

Este ano o alumnado de Educación infantil foi disfrazado de fantasmas e o profesorado de Comecocos. Foi unha mágoa non poder saír pola contorna pero pasámolo xenial indo de comparsa por todas as aulas de primaria e da ESO.  

Visita de Antonio Durán “Morris”

Os rapaces e rapazas de 6ºep recibiron esta mañá ao actor Antonio Durán “Morris”, coñecido pola súa traxectoria na televisión e no teatro, sobre todo en producións galegas. Moi amable, contestou a tódalas preguntas que os nenos tiñan preparadas para él. Esta actividade, en forma de entrevista, será parte do noso proxecto Faro da Escola 2024. Ata entonces, aquí vai un pequeno adianto.