-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Semana da Prensa

Durante as primeiras semanas mes de marzo, entre vacina e vacina, conmemorábase a Semana da Prensa e, como sabedes, ao ser un centro que publica un diario escolar a final de curso, grazas á actividade organizada polo Faro de Vigo “O Faro dá Escola”, consideramos que esta semana ten que ser diferente para o noso alumnado. Por un tempo aparcamos os libros de texto e dedicámonos a levar a cabo actividades que lles dean a coñecer a nenos e nenas—
Cribado COVID-19 para adolescentes
Informamos de que se está levando a cabo, nas farmacias da provincia de Pontevedra, un programa de detección do virus SARS-CoV-2 en saliva para nenos/as de 12 a 17 anos sen síntomas. Se o desexan poden preguntar na súa farmacia habitual, onde lles darán máis información.
Semana da Ciencia
Natación escolar
Informamos de que por mor do peche da piscina no pasado mes de febreiro, a data de remate do programa de natación escolar será o 3o de xuño de 2021.
2ª avaliación
As cualificacións da 2ª avaliación estarán dispoñibles só en Abalar a partir das 16:00 h do día 26 de marzo.