Informamos de que se está levando a cabo, nas farmacias da provincia de Pontevedra, un programa de detección do virus SARS-CoV-2 en saliva para nenos/as de 12 a 17 anos sen síntomas. Se o desexan poden preguntar na súa farmacia habitual, onde lles darán máis información.
Semana da Prensa

Durante as primeiras semanas mes de marzo, entre vacina e vacina, conmemorábase a Semana da Prensa e, como sabedes, ao ser un centro que publica un diario escolar a final de curso, grazas á actividade organizada polo Faro de Vigo “O Faro dá Escola”, consideramos que esta semana ten que ser diferente para o noso alumnado. Por un tempo aparcamos os libros de texto e dedicámonos a levar a cabo actividades que lles dean a coñecer a nenos e nenas—