XIV Certame Escolar de Regueifas

A semana pasada participamos no XIV Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo. Alí fomos co noso club de regueifeiras e regueifeiros, xunto a outros centros de secundaria de Vigo. Con Pinto e con Caruncho, como mestres da celebración, a mocidade amosou os seus dotes nesta arte de improvisación. Unha das nosas alumnas pasou a primeira rolda, así que seguiremos practicando para os próximos certames. Parabéns a toda a rapazada!

Ler máis

4º ESO visita a Feira de ensinanzas artísticas, profesionais e universitarias.

O alumnado de 4º ESO coñeceu moitas das saídas profesionais que poden ter ao rematar a ESO. Dende distintos ciclos (deseño, artes gráficas, enerxías, canteiría, robótica, etc.) a estudos universitarios tanto presenciais como a distancia (UNED, USC, etc.). Tamén estiveron a Policía Nacional e o Exército, nos que algúns mostraron bastante interese.

Ler máis