Vida despois da ESO

O alumnado de 4º ESO visitou, no Verbum, a Feria das Ensinanzas Artísticas, Profesionais e Universitarias, un xeito de valorar as distintas saídas profesionais ao rematar a ESO. Deseño de xoias, animación 3D e videoxogos, pilotaxe de avión, osteopatía, policía nacional, militar ou garda civil, ademais de ciclos de FP e carreiras universitarias, foron algunhas das ofertas dos distintos postos que puideron percorrer.

Ler máis

Visítanos… Ramón Caride (3º e 4º EP)

Hai uns días visitábanos Ramón Caride; autor de, entre outras obras, Sara ten un segredo. Durante a súa visita, contounos como lle colleu o gusto á lectura, como comezou a escribir as súas primeiras historias e mesmo comentou os lazos afectivos que ten través da lectura coa súa filla Sara, pola que chamou así á protagonista do libro que se leu en clase. Ademais, tivo a amabilidade de asinarlle ao noso alumnado a copia do seu libro e mesmo algunha—

Ler máis

II Obradoiro de regueifas

Esta semana o alumnado participou no II Obradoiro de Regueifas, actividade impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Asociación Oral de Galicia. Nesta xornada, o noso alumnado traballou a improvisación oral, acompañados polos regueifeiros Pinto e Caruncho, que lles amosaron técnicas e recursos propios da regueifa. Agora seguiremos ensaiando ata a data do certame.

Ler máis