Recibimos con ilusión a Malibú.

O pasado 21 de marzo, recibimos no cole unha visita moi especial. Nin máis nin menos que a Malibú, unha cadeliña que foi adoptada e agora vive feliz nunha granxa e goza enormemente de ser profe e visitar os coles de Galicia para loitar contra o abandono e fomentar a adopción, xa que España é un dos países nos que máis abandonos se producen cada ano.

Ademais disto, estivemos a falar sobre os coidados necesarios para poder ter unha mascota ao noso cargo e reflexionamos sobre a responsabilidade que supón facerse cargo doutro ser vivo. O noso alumnado gozou moitísimo da visita e Malibú tamén, xa que se foi repletita de agasallos e caricias por parte do noso alumnado. Moitas grazas a Casa Grande de Xanceda por brindarnos a oportunidade de levar a cabo esta bonita actividade. Deixámosvos aquí unha mostra do acontecido.

Comments are closed