Semana da Prensa

Durante as primeiras semanas mes de marzo, entre vacina e vacina, conmemorábase a Semana da Prensa e, como sabedes, ao ser un centro que publica un diario escolar a final de curso, grazas á actividade organizada polo Faro de Vigo “O Faro dá Escola”, consideramos que esta semana ten que ser diferente para o noso alumnado. Por un tempo aparcamos os libros de texto e dedicámonos a levar a cabo actividades que lles dean a coñecer a nenos e nenas ese mundo, cada vez menos utilizado, da prensa escrita. Nun tempo no que acceder ás noticias de última hora desde a palma da man está á orde do día, o xornal cada vez é máis descoñecido entre os máis pequenos. Por iso este ano, elaboramos uns cadernos pequenos que traballan desde as partes da cabeceira ata as seccións do xornal, incítalles a buscar información e a xogar con el e ao final proponlles converterse en pequenos redactores para escribir a súa noticia ideal. Tamén os achegamos ao mundo da prensa dixital e das novas tecnoloxías asociadas aos medios de comunicación. Deixámosvos a continuación algunhas das actividades que se levaron a cabo e a ligazón a un vídeo onde podedes ver as noticias elaboradas polo alumnado de 2º de Primaria.

Alumnado de 1º de Primaria traballando na aula de informática.

Alumnado de 1º de Primaria traballando cos xornais.

Almunado de 2º de Primaria traballando cos xornais e cas novas tecnoloxías.

Na outra cara da moeda, temos aos senior de Primaria, que como responsables últimos da edición do xornal practican a redacción de noticias, dende o borrador á sua versión dixital ou escrita, ou as partes do xornal e da noticia; por suposto, tamén traballaron sobre o mundo da publicidade para axudarlles a desenvolver tanto a súa creatividade como o pensamento crítico e o emprendedor tan importantes hoxe en día. Tampouco se deixou de lado un tema recorrente durante o confinamento: as ” fake news” (noticias falsas) e a importancia de saber xestionar a información que recibimos e de analizar as fontes das que provén. Ata se atreveron a realizar o seu propio telexornal, con atrezo incluído. Deixámosvos aquí uns materiais que mostran como transcorreron, máis ou menos, as actividades durante esa semana e o enlace a un vídeo sobre as actividades levadas a cabo polo alumnado de 6º de Ed. Primaira.

 

Comments are closed