En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Ler máis

II Obradoiro de regueifas

Esta semana volveron visitarnos Pinto e Caruncho, grandes regueifeiros, para seguir traballando coa rapazada na arte da improvisación oral. A sesión comezou rompendo o xeo, presentándose, cantando sobre o que lles gusta… para rapidamente pasar a crear as súas coplas e a cantalas. Nunhas semanas haberá representación do Quiñones no Certame de regueifas.

Ler máis

Obradoiro de regueifas (II)

Pinto e Caruncho visitaron o noso colexio a semana pasada. Este foi o segundo obradoiro, impulsado desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, que impartiron ao alumnado de secundaria, no que xa pasaron a sesión cantando e improvisando. Agora seguimos a regueifar no noso pequeno club do cole. Arriba regueifeiras e regueifeiros do Quiñones!

Ler máis

Certame de regueifas

Tras dous obradoiros cos mestres da regueifa Luis O Caruncho e Pinto d’Herbón, e as xuntanzas do grupo de regueifeiros e regueifeiras do Quiñones de León, acudimos ao IV Certame Escolar Provincial de Regueifas, grazas á organización da Deputación de Pontevedra, a Asociación ORAL de Galicia e ao CVC de Valadares. Alí compartimos unha xornada entre versos improvisados, risas e aplausos. Estamos orgullosos do noso alumnado, pola súa dedicación e por todo o que amosaron enriba do escenario! E tamén—

Ler máis

Regueifando en primaria

O alumnado de 5.º e 6.º de primaria recibiu a visita dos regueifeiros Pinto e Caruncho. Ensináronlle ao noso alumnado a orixe das regueifas, a súa presenza ao longo do planeta e como se compoñen estas coplas, acompañados do son da zanfona. Despois déronlles algunhas directrices para que puidesen atreverse a facer as súas primeiras coplas e… aquí hai futuro!! Cantaron todos xuntos e despois tamén se atreveron a facelo de xeito individual. Este foi só un primeiro achegamento a—

Ler máis