Actividades extraescolares para o curso 2018-2019

O comezo do novo curso tamén trae novas actividades extraescolares para o alumnado. Sportemp será a encargada dalgunhas das actividades. O horario é o seguinte: Luns Martes Mércores Xoves 16:00 – 17:30 Teatro (infantil) Baile moderno (infantil) Intelixencia emocional (infantil) Multideporte (infantil) Debuxo/pintura (infantil/primaria/eso) Diverciencia (primaria) Teatro (primaria/eso) Baile moderno (primaria/eso) As clases comezan no mes de outubro. Podedes anotar os alumnos e alumnas ata o 24 de setembro na administración do centro. Ten que haber un número mínimo de—

Ler máis

Excursión de Fin de Curso

Este ano os leonciños tiveron a ocasión de desfrutar dunha divertida xornada Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. A excursión de fin de curso sempre é un momento especial para eles xa que non soamente teñen a posibilidade de facer actividades todos xuntos, senón que ademais levan meses esperando por ela. Ese día a primeira hora xa se notaban os nervios e a emoción dos rapaces. Foi todo un acerto a saída a este parque arqueolóxico posto que os alumnos amosaron—

Ler máis

Proxecto “Nós tamén creamos!”: A pota que trota

Como todos sabedes, este curso participamos no Proxecto “Nós tamén creamos!” co grupo de 2.º de educación primaria. A finalidade deste proxecto era que o noso alumnado adquirise competencia oral en lingua galega e un mellor manexo das novas tecnoloxías. E abofé que o conseguiron. No seguinte vídeo podedes ver como traballou este grupo de rapazas e rapaces, e como nos ensinaron ás profesoras que compartimos con eles este ilusionante proxecto. Como se fixo a curtametraxe A pota que trota.—

Ler máis

Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque

O mes de maio é o noso mes das letras, tanto no colexio, como fóra del. E este ano, igual ca os anos anteriores, o noso alumnado participou no Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque. O tema elixido nesta edición foi: os avós, esas persoas ás que tanto temos que agradecer e das que tanto temos que aprender. E así o demostraron moitos dos nosos alumnos e alumnas, con poesías e contos ou reflexións—

Ler máis

Cando Jules Verne andou por Vigo

No 2018 celébranse os 140 anos da primeira visita do escritor francés a Vigo. A esta baía fai referencia Jules Verne na súa obra 20000 leguas baixo os mares. Así, durante a Semana do Libro, os alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria emularon o escritor, tratando de construír un globo aerostático coa axuda da profesora Diana e alumnos de 2.º e 3.º de ESO. Tamén lanzamos un foguete de auga que non acadou a Lúa, pero case… chegou ao—

Ler máis