Saída á Naturnova

Na pasada semana,  o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria visitou o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova, para asistir a actividade “Do Universo á Terra, un planeta con vida”. Dividíronnos en tres grupos para realizar todas as actividades en quendas diferentes. Navegamos en submarino polo fondo da nosa ría e puidemos ver diferentes especies de peixes. Coñecemos as características mais importantes dos planetas, do Sol e da Lúa. Investigamos sobre o reino animal e os procesos naturais—

Ler máis

2.º da ESO tamén regueifa

Esta semana foi a quenda de 2.º da ESO. Estes alumnos puideron participar dun obradoiro de regueifas promovido, desta volta, pola Deputación de Pontevedra. O regueifeiro que guiou esta primeira sesión foi Kike Estévez. Acompañado da súa guitarra deunos unha volta polas orixes desta práctica de improvisación oral en verso. Despois descubrimos con el que esta manifestación poética aparece en moitos lugares do mundo, na península ibérica, pero tamén en países de América do Sur. Despois amosounos en que consiste—

Ler máis

Os leóns no XI Certame Escolar de Regueifas

O 15 de febreiro chegou con moitos nervios e emoción para o alumnado de 1.º e 3.º da ESO. Uns ían participar no XI Certame Escolar de Regueifas, e outros iamos animar os nosos compañeiros e compañeiras e a todos os participantes. Algunhas regueifeiras xa participaran na edición anterior do certame, pero para os demais era a primeira vez. E, como bos leóns e leoas que son, todos subiron ao escenario a dar o mellor deles mesmos. E así, foron—

Ler máis

Visita: Xavier Estévez

Este venres visitou o noso colexio o escritor Xavier Estévez. Tivemos a gran sorte de escoitalo falar sobre un dos seus últimos libros: Avións de papel. Tamén nos fixo algunhas recomendacións de lectura e entretívonos coas súas enxeñosas respostas ás preguntas que lles fixeron os alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria. Pero, sobre todo, o que máis podemos destacar da visita deste fantástico escritor, foi a mensaxe que nos transmitiu; que a lectura é unha das grandes cousas—

Ler máis

Desmontando tópicos

Os alumnos de 4.º da ESO visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas, por mor da recente celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e asistiron ás charlas que deron dúas enxeñeiras da Universidade de Vigo sobre a importancia de desmontar os prexuízos que falan da inferior capacidade das mulleres para as ciencias e a tecnoloxía. Marie Curie, Ada Lovelace, Rosalind Franklin, Emmy Noether e un longo etcétera son o mellor exemplo de que  a realidade é—

Ler máis