II Obradoiro de regueifas
Esta semana o alumnado participou no II Obradoiro de Regueifas, actividade impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Asociación Oral de Galicia. Nesta xornada, o noso alumnado traballou a improvisación oral, acompañados polos regueifeiros Pinto e Caruncho, que lles amosaron técnicas e recursos propios da regueifa. Agora seguiremos ensaiando ata a data do certame.




