A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes. O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias: E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños: Foron uns valentes—

Ler máis

Visita do grupo musical Broken Peach

Onte tivemos a grandísima sorte de recibir unha visita moi especial; a do grupo BROKEN PEACH. Este grupo está formado por uns mozos e mozas vigueses: Lara Rodríguez (antiga profe do cole), Sela Pereira, Maika Pereira, Laura Palomo, Erika Vázquez, Erika Lewis, Isis Cervantes, Rubén Domínguez, Julián rodríguez, Kike Calzonetti e Pepo González. Non só amenizan todo tipo de actos coa súa fantástica música, senón que tamén levan ledicia alá por onde pasan. Ademais, cantan xenial e o seu vestiario—

Ler máis

Visita a Naturnova: O bosque das estacións

O pasado venres, os leonciños tiveron unha saída moi especial. Visitaron Naturnova, que é un centro interactivo de educación ambiental. Alí puideron coñecer o medio que os rodea dunha forma lúdica e interactiva. A temática da visita era “O bosque das estacións”. E ao redor deste tema resolveron cuestións como: por que son tan importantes os nosos bosques, cales son as estación e como se diferencian ou como cambian as árbores. E o que máis lles impactou foi poder entrar—

Ler máis

Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Durante estas últimas semanas, os rapaces de Primaria foron á Biblioteca Xosé Neira Vilas. Así, o alumnado pódese achegar ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, e que a valore como un lugar de formación á vez que de lecer. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, os rapaces participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar—

Ler máis

NON, 25N

O pasado domingo 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Dende o cole, quixemos concienciar os nosos rapaces do importante que é respectar as persoas, tratalas ben e querelas moito. Os nenos de infantil comezaron cunha pequena asemblea para explicarlles que ese día se celebrou o querer e respectar a todo o mundo e moi especialmente as mulleres. Rematamos a actividade facendo un gran lazo violeta coas mans de todos os leonciños. Traballouse tamén—

Ler máis