Visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Os últimos días do segundo trimestre, o alumnado da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Alí puidemos gozar da compañía e guía das encantadoras bibliotecarias Mar e Noelia, que nos amosaron a biblioteca, o seu funcionamento, os diferentes recunchos, indicáronnos que pasos temos que seguir para buscar información, ler, investigar e tamén pasar momentos de lecer nun lugar tan preto de nós. A seguir, faláronnos das casas e con elas de arquitectura, e aínda que non o creades mostráronnos—

Ler máis

Charla para a ESO sobre as vacinas

Ao abeiro do programa Edumotiva, África González, catedrática da Universidade de Vigo e directora do CINBIO (Centros de Investigaciones Biomédicas), deu unha excelente conferencia sobre as vacinas na que relatou a súa historia, o seu posible futuro en aplicacións médicas e a conveniencia de vacinar os nenos para lograr erradicar enfermidades actuais, como xa se fixo coa varíola. Foi un pracer contar cunha autoridade en  inmunoloxía e escoitar consellos sensatos baseados no coñecemento e non na opinión.

Charla das Forzas Armadas

Desde o departamento de Orientación do CPR Quiñones de León, en colaboración coa Subdelegación Provincial de Defensa, organizouse unha actividade destinada aos alumnos de 4.º da ESO, que se desenvolveu o pasado xoves día 15 de marzo no salón de actos do noso centro. A conferencia-coloquio foi impartida pola tenente Vanesa Carballido, pertencente ao exército do aire, quen, durante algo máis dunha hora, ofreceu de maneira didáctica, amena e adaptada ao grupo de idade dos alumnos, información sobre a integración—

Ler máis

Charla do CSIC sobre a Ría de Vigo

Outra forma de ensinarlles aos alumnos de 5.º e 6.º de primaria algúns datos relevantes sobre a nosa ría foi convidar ao noso colexio o biólogo Manuel García, máis coñecido como Garci (membro do CSIC) para que nos falase sobre ela. O CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) é a maior institución pública dedicada á investigación en España e a terceira de Europa. O CSIC xoga un papel central na política científica e tecnolóxica, xa que abarca desde a investigación básica—

Ler máis