Entrega de premios Faro da Escola

O 28 de maio, tivo lugar nos xardíns do Pazo Quiñones de León a entrega dos premios Faro da Escola, no que participaban este ano 48 centros de Vigo e a comarca. Un grupo de alumnos e alumnas, con dúas mestras, foron recollidos por un autobús de transporte urbano da cidade. Estaban moi nerviosos, xa que investiron moito tempo e esforzo neste proxecto, que incluía a todas as etapas do colexio. Cando chegaron ao pazo, atoparon un despregamento impresionante por—

Ler máis

Proxecto “Nós tamén creamos!”: A pota que trota

Como todos sabedes, este curso participamos no Proxecto “Nós tamén creamos!” co grupo de 2.º de educación primaria. A finalidade deste proxecto era que o noso alumnado adquirise competencia oral en lingua galega e un mellor manexo das novas tecnoloxías. E abofé que o conseguiron. No seguinte vídeo podedes ver como traballou este grupo de rapazas e rapaces, e como nos ensinaron ás profesoras que compartimos con eles este ilusionante proxecto. Como se fixo a curtametraxe A pota que trota.—

Ler máis

Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque

O mes de maio é o noso mes das letras, tanto no colexio, como fóra del. E este ano, igual ca os anos anteriores, o noso alumnado participou no Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque. O tema elixido nesta edición foi: os avós, esas persoas ás que tanto temos que agradecer e das que tanto temos que aprender. E así o demostraron moitos dos nosos alumnos e alumnas, con poesías e contos ou reflexións—

Ler máis