Certame Lingua de Namorar 2018

A nosa prezada alumna Uxía Martínez Cabadas vén de gañar o 3.º premio do concurso Lingua de Namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude. O día 14 de febreiro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde se expón actualmente unha das xoias da lírica amorosa medieval galega, o Pergamiño Vindel, foi a entrega dos premios. Gustounos o acto, que incluíu tamén—

Ler máis

Concurso “Cíes. O paraíso de todos”

A nosa alumna de 6.º de educación primaria, Lucía Carrera García, quedou de terceira no grupo 2 no concurso de poesía organizado polo Faro de Vigo, en colaboración co concello de Vigo e FCC servizos cidadáns. A entrega de premios celebrarase o día 9 de novembro.   Estamos moi orgullosos dela e do seu máis que merecido premio. Presentou un fermoso poema que pronto compartiremos con vós.