O Entroido no Quiñones de León

O venres celebramos todo o equipo do colexio a festa do Entroido.

Como xa vos anticipamos, a temática era o cine e a televisión. Tivemos a oportunidade de ver moitos Minions e tamén a Gru; a Nemo, Dory e o profesor manta raia; a Lady Bug e Cat Noir; variados superheroes do mundo Marvel; personaxes do Rei León; diversos emojis; o exército de cartas da Raíña de Corazóns e o Coello Branco; e tamén moitos atracadores de La casa de papel.

O noso alumnado de educación infantil e primaria saíu a desfilar polas proximidades do centro, e non faltou nin o cámara que ía con eles.

Pero non só saben disfrazarse os alumnos e as alumnas, os profesores tamén se achegaron vestidos dos seus personaxes cinematográficos preferidos:

Xa de volta no colexio, deu comezo o concurso de baile.

Deixámosvos unha mostra deste tempo de lecer:

Así de ben rematou o noso venres de Entroido, comendo orellas acompañados dunha boa selección musical. Agora toca coller folgos, vémonos o xoves!

Comments are closed