Adiviña, adiviñanza… E un trabalinguas. (2º E.P.)

Os rapaces de 2º de Primaria, están facendo distintas actividades para fomentar o uso do Galego dunha maneira lúdica. Ademais, neste caso, tamén se familiarizan con  diferentes tipos de textos: as adiviñas  e os trabalinguas. Son textos moi divertidos e logran captar a atención dos nenos e entretelos un bo rato. Os nenos, ao escoitalos, síntense impulsados a descubrir a súa resposta (o que fomenta a curiosidade por descubrir cousas novas)  Neles fálanse de temas que descoñecen e aprenden vocabulario—

Ler máis

VISITA A NATURNOVA

O pasado martes, os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron de excursión a Naturnova. Alí, aprenderon un montón de cousas sobre os seres vivos, os ecosistemas, o espazo exterior e a noso planeta. Realizaron actividades de reciclaxe, exploraron o fondo da ría nun submarino e aprenderon cousas moi interesante sobre a nosa galaxia. Mirade que ben o pasaron!

Cíes, o paraíso de todos.

Dende o Faro de Vigo, convocaron un ano mais o concurso “ Cíes,  o paraíso de todos”, no que mediante traballos individuais e colectivos,  daban aos rapaces a oportunidade de amosar como ven eles as Illas Cíes. Como novidade deste ano, estaba a modalidade colectiva, na que grupos enteiros podían presentar un traballo conxunto. No noso cole, os cursos de cuarto , quinto e sexto, decidíronse polo traballo conxunto, e coa gúia e axuda da profe de plástica, Portal, elaboraron—

Ler máis

3.º e 4.º de primaria visitan a Villa Romana de Toralla

Os grupos de 3.º e 4.º de educación primaria visitaron o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo.

Este espazo pretende achegar ao noso alumnado a historia da nosa cidade, a través de diferentes recursos, como reconstrucións, maquetas ou debuxos.

Os nenos e nenas, acompañados duns expertos arqueólogos, percorreron estes espazos, e achegáronse así ao mundo romano e puideron coñecer a súa influencia na nosa cidade, como por exemplo a súa economía baseada na pesca. Deste xeito, reforzaron os coñecementos traballados previamente na aula, e aprenderon outros novos.

Tamén puideron gozar dun paseo polo xacemento arqueolóxico situado ao seu carón, a Villa Romana de Toralla, onde se pode ver a propia villa e a salina, vinculados ás actividades da pesca e salgadura.

Así transcorreu a xornada:

Seguro que moitas familias aínda non visitastes este marabilloso espazo que temos na nosa cidade, e agora teredes uns magníficos guías!