2ª orde do Meco 2022

Xa lestes a nova orde do Meco? “Empezamos a suar e a correr, a túa cabeza non podes esquecer…” Así que, mañá todos e todas con algo relacionado co voso deporte que poidades levar na cabeza. Todo vale! Cintas deportivas, gorras, viseiras de golf, cascos de bici, moños de ximnasia… Utilizade a vosa imaxinación e sorpréndenos. Vémonos mañá!

Ordes do Meco 2022

A semana que vén empezamos coas actividades propias de entroido. Como sabedes, é tradicional que o Meco nos diga o que temos que poñernos; e este ano propúxose converternos a todos en deportistas. Empezaremos por traer unha medalla, premio ou galardón o luns. El esta encantado co seu. Visitade a web todos os días para saber que hai que engadir a continuación. Animádesvos?.

Obradoiro de regueifas (II)

Esta última semana volveron achegarse polo Quiñones de León os grandes improvisadores: Luís O Caruncho e Pinto d’Herbón. Guiáronnos no segundo obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo deste curso. Desta volta, o alumnado, xa con algunhas nocións, foi improvisando as súas coplas e gozando de compartir risos. Cara ao final, foron atrevéndose a regueifar en parellas. Aquí seguiremos practicando para manter viva esta tradición e para dar o mellor de nós no Certame de—

Ler máis

Da Candeloria ao Día de Cupido

Este curso 2021-2022, o Equipo de Dinamización Lingüística lanzou unha proposta a toda a comunidade educativa: realizar un intercambio de postais. Deuse a coñecer nas clases a data da Candeloria e os refráns que existen ao seu redor. E enlazouse esta data co Día de Cupido, máis coñecido polo alumnado. Traballouse a expresión escrita e tamén a artística, xa que deseñaron as súas postais e despois as escribiron. O motivo das postais eran os monumentos de Vigo ou das cidades—

Ler máis

Día da Paz 2022

O pasado día 31 chegou, un ano máis, o Día da Paz ao noso centro. Sempre é un dos favoritos do noso alumnado xa que falamos do compañeirismo, a colaboración, a solidariedade… valores que ademais de ser traballados día a día, toman protagonismo nesta data. Este ano, propuxémonos resaltar palabras sen as que a Paz non sería posible e que nos marcan o camiño que debemos seguir e fomentamos sempre entre o noso alumnado. Vístelas colgando en globos con forma—

Ler máis

Obradoiro de regueifas

O xoves, o alumnado de 2.º da ESO puido gozar dun Obradoiro de regueifas, guiado polos improvisadores Luís o Caruncho e Pinto d’Herbón. Coñeceron a orixe das regueifas, os lugares do mundo onde está presente (coas súas diferenzas) e como é o proceso de creación destas coplas. E, por suposto, foron creando as súas coplas e tamén cantándoas, acompañados da zanfona. Agora están á espera da segunda sesión, na que terán que poñer en práctica todo o aprendido. A ver—

Ler máis