Contacontos: Pegadas de conto

Este ano participamos na campaña Impórtanos, que ten como obxectivo promover a reflexión e o compromiso de todas e de todos para conseguir un mundo máis xusto e sustentable. A literatura que todo o pode foi a protagonista da xornada de hoxe. Nesta ocasión foi a literatura oral, da man dos contadores de historias Bea Campos e Manuel Pombal. O público que gozou desta sesión de contacontos foi o noso alumnado de educación infantil e de 1.º de educación primaria.—

Ler máis

Contacontos e despedida

Este mes de marzo veu Aída ata a biblioteca do Quiñones de León a contarnos un conto. Aída é a irmá dun dos nosos alumnos de catro anos, e ademais conviviu estes últimos meses con nós como profesora en prácticas de educación infantil. Esta foi unha visita agridoce, xa que tamén era a súa despedida. Trouxo baixo o brazo o libro Sky, detective, da Editorial Bruño, no que aparecen personaxes de sobra coñecidos polos nenos: o lobo feroz, a carapuchiña—

Ler máis

Contacontos en infantil: “El árbol de los deseos”

Parece que as familias dos grupos de educación infantil cada vez están máis animadas. Esta semana pasada visitounos a nai dunha das nosas alumnas de catro anos. De entre os contos preferidos da súa pequena, elixiu El árbol de los deseos. Esta historia ten o osiño Teo como protagonista e a través del imos valorar a importancia da familia e imos descubrir canto nos queren os que nos coidan e canto lles queremos nós, aínda que ás veces nos enfademos.—

Ler máis

Contacontos: Axente Riciños

Durante a semana do Entroido tivemos unha visita moi especial: a do contador de historias Iago López. Veu visitarnos co libro Axente Riciños, da editorial Xerais, debaixo do brazo.   O máis incrible deste contacontos é a súa voz. Os nenos quedaron quietos e expectantes desde o primeiro momento. Como ía modulando a voz en función do que quería transmitir, como se cerrabas os ollos podías ver os osiños e mesmo a Riciños de Ouro… Certamente marabilloso! O mellor desta—

Ler máis

Contacontos en infantil: “Los tres cerditos”

As familias do noso alumnado de educación infantil vanse animando. A última visita que recibimos foi a do pai de dous alumnos de infantil, un de catro anos e outro de cinco. O conto que elixiu para a ocasión foi o clásico Los tres cerditos, que é o favorito dun dos seus fillos. Con moita expresividade, que caracteriza os grandes contadores de historias, achegounos ao mundo dos tres porquiños e o lobo. Tivo como axudante o seu fillo de cinco—

Ler máis