O Entroido no Quiñones de León

O venres celebramos todo o equipo do colexio a festa do Entroido. Como xa vos anticipamos, a temática era o cine e a televisión. Tivemos a oportunidade de ver moitos Minions e tamén a Gru; a Nemo, Dory e o profesor manta raia; a Lady Bug e Cat Noir; variados superheroes do mundo Marvel; personaxes do Rei León; diversos emojis; o exército de cartas da Raíña de Corazóns e o Coello Branco; e tamén moitos atracadores de La casa de—

Ler máis

Minichefs Quiñones presenta: filloas de Entroido

Onte os nosos leonciños de 3 e 4 anos convertéronse en cociñeiros expertos. Aproveitamos que xa viñamos vestidos co mandil que nos mandou traer o meco, e as datas de Entroido nas que nos atopamos para preparar en equipo un doce típico galego destas festas: as filloas. A cociña é unha fonte estupenda de coñecementos, valores e diversión, así que nos puxemos mans á obra. Primeiro, falamos do máis esencial antes de comezar a cociñar: a hixiene. Lavamos ben as—

Ler máis

E xa está aquí o Entroido

Esta semana celebramos a gran festa do Entroido no colexio Quiñones de León. É a festa das máscaras, unha celebración tradicional aquí en Galicia, que queremos transmitir e manter co noso alumnado. Este ano a temática do gran día, que será o venres, é o cinema e a televisión. Pero antes diso, temos o meco preparado e xa dando ordes desde a pasada semana. Mirade que xeitoso está: E as súas ordes son: Luns: “Se bo cociñeiro queres ser, un—

Ler máis