A propósito da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o noso alumnado de 2.º da ESO puido participar nuns obradoiros organizados polos servizos de Normalización Lingüística e Igualdade (concello de Vigo).
O obxectivo destes obradoiros era dar a coñecer as contribucións de mulleres científicas, ademais de poñer en valor o uso da lingua galega no ámbito das ciencias.
A xornada transcorreu con moita emoción por parte do alumnado, moi motivado nas materias científicas. Podedes comprobalo xa na primeira parte desta xornada, que comezou cun xogo de presentación:
A seguir, tiveron a oportunidade de participar de xeito activo en diversos obradoiros, destinados a dar a coñecer a obra de científicas relevantes.
O noso alumnado quedou con ganas de seguir experimentando e aprendendo sobre ciencias!