E xa estamos regueifando

Parte do noso alumnado da ESO tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da improvisación oral en verso da man dos grandes regueifeiros Luís O’Caruncho e Pinto de Herbón. Comezaron rompendo o xeo cos rapaces e rapazas, explicándolles como fixándose nalgún detalle que os rodea  xa poden deixar medrar as palabras. E así o fixeron para deleite de todos os asistentes: A seguir, explicáronnos a orixe das regueifas e a súa presenza en distintos lugares do mundo. E así, pouco—

Ler máis

Día da Muller e a Nena na Ciencia

A propósito da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o noso alumnado de 2.º da ESO puido participar nuns obradoiros organizados polos servizos de Normalización Lingüística e Igualdade (concello de Vigo). O obxectivo destes obradoiros era dar a coñecer as contribucións de mulleres científicas, ademais de poñer en valor o uso da lingua galega no ámbito das ciencias. A xornada transcorreu con moita emoción por parte do alumnado, moi motivado nas materias científicas. Podedes comprobalo xa—

Ler máis

Aprendemos sobre seguridade informática

Os nosos maiores participaron nun obradoiro sobre seguridade informática e hacking ético, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. O relator, Kike Fontán, cunha linguaxe moi próxima para o alumnado, tratou temas moi actuais relacionados coa seguridade informática. Falou con eles de ciberseguridade, descubriron comportamentos perigosos que manteñen ao usar as redes sociais e descubriron as medidas de seguridade que deben tomar cando empregan un dispositivo electrónico. Así  mesmo, incidiu na importancia de preservar a identidade virtual e—

Ler máis