-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Vigo en inglés 2023

Algunhas das nosas alumnas de 4.º da eso están a participar no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa, impulsado polo Concello de Vigo. Durante a súa estadía, ademais de saídas e excursións, teñen a oportunidade de asistir a un centro escolar. É unha oportunidade óptima para mellorar o seu dominio da lingua inglesa e afondar nunha nova cultura.
Actividade extraescolar: baile moderno
Actividades extraescolares
Actividades extraescolares curso 2023-2024

Xa estamos a organizar este novo curso e queremos propoñer algunhas actividades extraescolares para o alumnado do centro. Este curso as actividades chegarán da man de Cocofante. Estamos seguros de que resultarán un bo complemento para a formación dos rapaces e rapazas. Podedes premer sobre a primeira imaxe para inscribirvos ou a continuación: ACTIVIDADES.
Graduación de secundaria

Este curso 2022-2023 xa está chegando á súa fin e, como todos os cursos nesta época, o alumnado de 4.º da ESO celebra a graduación. Como lles transmitimos ese día o profesorado: unha nova viaxe comeza para eles, pero sen esquecer que aquí sempre terán a súa casa, á que poden regresar. O alumnado tamén compartiu con toda a comunidade educativa un vídeo e unhas palabras que gardaremos para sempre no noso recordo. Desexamos que esta nova etapa vos traia—