Xogos de lingua (2.ª parte)

Tal e como vos indicamos na anterior entrada da páxina web, aquí temos a segunda parte do noso traballo “Xogos de lingua”. Queremos que gocedes co vídeo tanto como o fixo o noso alumnado aprendendo os trabalinguas e coñecendo as linguas dos seus compañeiros e compañeiras. Agora só nos queda seguir transmitindo e espallando as nosas linguas propias, para xogar, para aprender, para comunicármonos, para amosar a nosa realidade. Podedes premer a seguir e comezará o vídeo: Xogos de lingua—

Ler máis

Xogos de lingua, Equipo de Dinamización Lingüística

O Equipo de Dinamización Lingüística do colexio lanzou unha proposta a todo o alumnado do centro para poñer en valor as súas linguas maternas. Debían compartir un trabalinguas, unha frase feita, un recitado… na lingua da súa casa. Agora imos amosarvos a primeira entrega destes “Xogos de lingua”. Esperamos que vos guste. Xogos de lingua I En breve, poderedes ver o resto dos participantes.

Ler máis

A ESO tamén entroidou

O Entroido tamén se deixou notar nos cursos dos maiores. Non foi coma outros anos, pero algúns dos nosos alumnos e alumnas maiores tamén quixeron seguir as ordes do meco e o venres ata viñeron co seu mellor traxe para… si, para descansar. Aínda que tiveron que traballar coma outros días, non quixeron deixar escapar esta data tan nosa. E para mostra, aquí vos deixamos unhas imaxes:

Ler máis

Le jour de la Paix

A propósito da conmemoración do Día da Paz, este ano en Francés traballamos o vocabulario relacionado con esta xornada. Tamén pensamos naquelas outras cousas que nos fan sentir ben e que nos axudan no día a día a atopar as cores entre o branco e o negro. Traballamos a canción On écrit sur les murs e fixemos unha pequena actividade na que reflectiron os seus sentimentos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra, só tedes que facer clic na seguinte ligazón.—

Ler máis

Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

O grupo de 4.º da ESO asistiu hoxe á VI Edición da Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais, que se celebrou no Auditorio Mar de Vigo. Aquí puideron informarse sobre distintas oportunidades formativas que existen en Vigo. Así coñeceron cursos, ciclos e graos aos que poden acceder relacionados con múltiples ámbitos: idiomas, deseño gráfico, deseño web, auxiliares de voo, xoieiría, música, comercio internacional…

Ler máis