En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Ler máis

XIV Certame Escolar de Regueifas

A semana pasada participamos no XIV Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo. Alí fomos co noso club de regueifeiras e regueifeiros, xunto a outros centros de secundaria de Vigo. Con Pinto e con Caruncho, como mestres da celebración, a mocidade amosou os seus dotes nesta arte de improvisación. Unha das nosas alumnas pasou a primeira rolda, así que seguiremos practicando para os próximos certames. Parabéns a toda a rapazada!

Ler máis