Letras Galegas 2024: Luisa Villalta. Os maios

Este ano 2024 homenaxeamos a Luisa Villalta polo Día das Letras Galegas. O noso alumnado elaborou algúns murais e a partir dalgúns versos do poema “Papagaio”: Compartir as cordas de tender a roupa vibrantes de emoción e de necesidade naceu a idea de facer nós tamén o noso tendal. Despois xuntámonos para falar dela, ler algún dos seus poemas e tocar algunha peza musical. E tamén aproveitamos a xuntanza para celebrarmos os maios, acompañados do recitado de poemas. E xa—

Ler máis

Obradoiro de regueifas (II)

Pinto e Caruncho visitaron o noso colexio a semana pasada. Este foi o segundo obradoiro, impulsado desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, que impartiron ao alumnado de secundaria, no que xa pasaron a sesión cantando e improvisando. Agora seguimos a regueifar no noso pequeno club do cole. Arriba regueifeiras e regueifeiros do Quiñones!

Ler máis