II Obradoiro de regueifas

Esta semana volveron visitarnos Pinto e Caruncho, grandes regueifeiros, para seguir traballando coa rapazada na arte da improvisación oral. A sesión comezou rompendo o xeo, presentándose, cantando sobre o que lles gusta… para rapidamente pasar a crear as súas coplas e a cantalas. Nunhas semanas haberá representación do Quiñones no Certame de regueifas.

Ler máis

Visita de 3º e 4º ESO á EME da UVigo

O alumnado de 3º ESO e da optativa de Física e Química de 4º ESO participou na actividade Aula Aberta á Tecnociencia na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo. Os de 3º realizaron un obradoiro de reciclaxe de aceite de fritura no que, mediante un proceso de axitación magnética e cun catalizador de hidróxido de sodio, obtiveron biocombustible e glicerina. Logo, separaron por decantación o biocombustible e empregárono para facer unha candea. Doutra banda, os de 4º—

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Este curso volvemos gozar da compañía dos grandes regueifeiros Luis Caruncho e Pinto d’Herbón. Foi o primeiro dos obradoiros organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Agora tócanos seguir practicando no noso club de regueifas ata a seguinte sesión.

Ler máis