Orgullo Galego con nós

O alumnado de 3.º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a Borxa, de Orgullo Galego. Esta comunidade comparte e difunde contidos relacionados con Galicia, a súa cultura, tradicións, curiosidades, lugares interesantes… Borxa, desta volta, veu para falar de redes sociais en galego, do uso do galego en Internet e de que o galego é unha lingua coa que se pode chegar a todo o mundo. Moitas grazas por amosar esta realidade ao noso alumnado!

Ler máis

XVI Concurso de redacción e poesía

Este curso participamos no XVI Concurso de redacción e poesía que organiza todos os anos a Asociación de Veciños de San Roque co gallo do Día das Letras Galegas. Moitos dos nosos alumnos e alumnas animáronse a escribir. E hoxe tivo lugar a entrega de premios. Parabéns a todos e a todas, animámosvos a seguir lendo e escribindo.

Ler máis

Día das Letras Galegas

Este ano 2023, dedícaselle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, intelectual, editor, escritor e gran mantedor da nosa cultura. Ademais de coñecer esta persoa e afondar no seu traballo, decidimos traballar a fraseoloxía e o léxico de noso. Enfocámolo desde unha óptica creativa, na que o alumnado puido facer un deseño dunha camiseta na que plasmase algunha frase feita das traballadas. Hoxe xuntámonos para compartir estes traballos e algunhas destas frases. Aquí vos deixamos unhas imaxes—

Ler máis