-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: celebración
Día das Letras Galegas
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano dedícaselles ás cantareiras, como mantedoras das nosas letras e transmisoras das cantigas populares. Traballamos a figura destas mulleres a través da escoita, lectura e decoración de cantigas. Algúns grupos compartiron cantigas: Tamén aproveitamos esta xuntanza para repartir os premios do Concurso de Redacción e Poesía e dos retos da lingua, organizados polo EDL; así como o premio do reto matemático, organizado polo Equipo da Biblioteca. O noso alumnado—
Día da Paz
Este ano quixemos conmemorar o Día da Paz cun grande encrucillado de termos positivos. O alumnado de Ed. Infantil e Primaria elaboraron unha pomba onde plasmaron os seus desexos para conseguir a Paz, baixo o lema “Deixa voar os teus desexos” Así mesmo, os maiores do colexio compartiron o seu manifesto pola paz expresando tamén os seus.
Os maiores deséxanvos un feliz ano novo
Magosto (E.P)
Como vedes, este ano a climatoloxía deu ao traste coas actividades que tiñamos preparadas para celebrar o Magosto en convivencia, ata tivemos que aproveitar os descansiños que nos daba a choiva para ir a por as castañas ao castañeiro; o que non conseguiu foi estragarnos o día porque o pasamos en grande con xogos, manualidades, proxectos e demais actividades. Así que… que aprendemos? Que ao mal tempo boa cara e que en compañía dos amigos sempre se pasan bos momentos.—



