Cribado COVID-19 para adolescentes

Informamos de que se está levando a cabo, nas farmacias da provincia de Pontevedra, un programa de detección do virus SARS-CoV-2 en saliva para nenos/as de 12 a 17 anos sen síntomas.  Se o desexan poden preguntar na súa farmacia habitual, onde lles darán máis información.

O colexio a un clic

A aplicación AbalarMóbil ofrece agora un servizo de mensaxería que permite que o pai/nai do alumno/a reciba no seu móbil mensaxes do titor/a sobre asuntos de importancia. Tamén, como ata agora, recibirá información das notas, faltas de asistencia, incidencias, etc, en canto estas se rexistren no servizo informático. Se quere estar informado/a, descargue a aplicación da Xunta de Galicia.