O grupo de 2.º da ESO segue regueifando

O alumnado de 2.º da ESO participou hoxe na 2.ª sesión de regueifas, da man do regueifeiro Kike Estévez. A xornada deu comezo lembrando a melodía e pensando versos de presentación, para asentar o ritmo. Ao principio custou un chisco, pero en nada xa foi máis sinxelo improvisar versos de oito sílabas. Tras estas presentacións, continuou coas preferencias televisivas e cinematográficas do alumnado, sempre en verso. E a seguir, xa estaban preparados para dar o paso ao escenario. Seguindo as—

Ler máis

Ano novo chinés no Quiñones de León

O Instituto Interculturas de Vigo, escola especializada no ensino da lingua e cultura chinesa, celebrou no noso colexio o novo ano lunar, o ano do porco. Reuníronse representantes da comunidade chinesa en Vigo, co concelleiro de Seguridade do noso Concello, Carlos López Font, ademais dalgúns membros do noso centro escolar. Nesta xuntanza, destacaron a importancia que ten para o seu alumnado a aprendizaxe ou mantemento da lingua chinesa, para que nun futuro poidan desenvolverse nas tres linguas: galego, castelán e—

Ler máis

Visita o noso colexio

Somos un centro concertado en Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Podes visitarnos na Travesía de Vigo, número 36. Ofrecemos unha atención personalizada en todas as etapas, centrada no alumno mediante un enfoque construtivista. Porque vós e os vosos fillos sodes o máis importante, ofrecemos un amplo horario que favorece a conciliación – Servizo de aula matinal: 7:30 – 9:00 horas. – Comedor de cátering, boa comida e un menú variado e saudable (deseñado por nutricionista): 14:00 – 16:00 horas. Prazas de—

Ler máis

O Quiñones regueifando

O noso alumnado de 1.º e 3.º da ESO ten a oportunidade de participar no obradoiro de regueifas impulsado polo SNL do Concello de Vigo e dirixido polos grandes mestres Luís “O Caruncho” e Pinto de Herbón. Este obradoiro consta de dúas sesións formativas (e lúdicas, por suposto) e a participación no Certame de regueifas. Hoxe asistimos á primeira destas sesións, que deu comezo con moita expectación por parte dos rapaces e das rapazas. Os regueifeiros, tras presentarse, ofreceron unha excelente—

Ler máis

Visita do grupo musical Broken Peach

Onte tivemos a grandísima sorte de recibir unha visita moi especial; a do grupo BROKEN PEACH. Este grupo está formado por uns mozos e mozas vigueses: Lara Rodríguez (antiga profe do cole), Sela Pereira, Maika Pereira, Laura Palomo, Erika Vázquez, Erika Lewis, Isis Cervantes, Rubén Domínguez, Julián rodríguez, Kike Calzonetti e Pepo González. Non só amenizan todo tipo de actos coa súa fantástica música, senón que tamén levan ledicia alá por onde pasan. Ademais, cantan xenial e o seu vestiario—

Ler máis