O Quiñones regueifando

O noso alumnado de 1.º e 3.º da ESO ten a oportunidade de participar no obradoiro de regueifas impulsado polo SNL do Concello de Vigo e dirixido polos grandes mestres Luís “O Caruncho” e Pinto de Herbón. Este obradoiro consta de dúas sesións formativas (e lúdicas, por suposto) e a participación no Certame de regueifas. Hoxe asistimos á primeira destas sesións, que deu comezo con moita expectación por parte dos rapaces e das rapazas. Os regueifeiros, tras presentarse, ofreceron unha excelente—