Tarefa 1 do proxecto “Nós tamén creamos” (2.ª parte)

Imos desvelar o misterio: finalmente, o alumnado decidiu elaborar un taumatropo (xoguete visual con dúas imaxes que rematan por unirse). A nosa primeira idea foi elaborar un taumatropo dun boneco de neve. O primeiro que fixemos foi explicarlles en consiste este xoguete e indicarlles que debían debuxar as dúas imaxes que despois co movemento se converterían nunha soa. A continuación, puxéronse mans á obra cos debuxos. Cando ían montar os seus xoguetes, decatámonos de que estaban feitos do revés. Levaron—