XIV Certame Escolar de Regueifas

A semana pasada participamos no XIV Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo. Alí fomos co noso club de regueifeiras e regueifeiros, xunto a outros centros de secundaria de Vigo. Con Pinto e con Caruncho, como mestres da celebración, a mocidade amosou os seus dotes nesta arte de improvisación. Unha das nosas alumnas pasou a primeira rolda, así que seguiremos practicando para os próximos certames. Parabéns a toda a rapazada!

Ler máis

4º ESO visita a Feira de ensinanzas artísticas, profesionais e universitarias.

O alumnado de 4º ESO coñeceu moitas das saídas profesionais que poden ter ao rematar a ESO. Dende distintos ciclos (deseño, artes gráficas, enerxías, canteiría, robótica, etc.) a estudos universitarios tanto presenciais como a distancia (UNED, USC, etc.). Tamén estiveron a Policía Nacional e o Exército, nos que algúns mostraron bastante interese.

Ler máis

8 de Marzo “Día Internacional da Muller”

Estas semanas de marzo estivemos levando a cabo diversas actividades en torno ao 8M, día internacional da muller. Ed.Infantil e Ed. Primaria colaboramos para elaborar un mural que afastase á muller dos seus papeis estereotipados no mundo laboral para deixar claro que a muller pode desempeñar calquera traballo que ela desexe, ese é o seu superpoder. Tamén participamos en diferentes talleres sobre a igualdade e elaborado algunhas manualidades para regalarlle a unha muller importante na nosa vida.  

Ler máis