-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Saída do alumnado de secundaria

O curso xa está chegando á súa fin e o alumnado de secundaria saíu pasar unha xornada de convivencia ata o parque de aventuras Marikiná Park. Nun espazo natural incrible, atravesaron pontes colgantes, lanzáronse en tirolinas, saltaron con lianas… e fixeron medrar os seus vínculos de amizade. Despois desta intensa mañá, fomos ao parque forestal de Beade onde xa puideron descansar.
Axudas do Concello para comedor e material escolar
Informámoslles de que a partir do día 5 de xuño poden solicitar as axudas do Concello para comedor e material escolar (máis no menú da dereita: Curso 2023-24/Axudas e actividades).
Regueifando!
Co lema: “Na casa, na escola, bota a lingua fóra”, arrincou este ano o Correlingua. Quixemos participar na regueifa colectiva que propuxeron, así que vos deixamos a seguir o vídeo para que vexades a arte do noso alumnado e da rapazada doutros centros escolares:
Campamento de verán

Desde o 26 de xuño ao 28 de xullo, o Club Deportivo Seung Sport de taekwondo organiza nas instalacións do noso colexio un divertido campamento de verán. Os máis pequenos poderán gozar de numerosas actividades e facer novas amizades. O alumnado do colexio beneficiarase do prezo reducido, coma se fose socio do club de taekwondo. Se precisades máis información, non dubidedes en contactar no teléfono ou enderezo electrónico indicados no cartel.