Graduación Primaria 2024

O pasado mércores, vivimos momentos moi emotivos, xa que celebramos a Graduación de Primaria da promoción 2018-2024. Despedimos os nosos leonciños, que xa medran e pasan a Secundaria. Deixámosvos algunhas fotos do acto.

Letras Galegas 2024: Luisa Villalta. Os maios

Este ano 2024 homenaxeamos a Luisa Villalta polo Día das Letras Galegas. O noso alumnado elaborou algúns murais e a partir dalgúns versos do poema “Papagaio”: Compartir as cordas de tender a roupa vibrantes de emoción e de necesidade naceu a idea de facer nós tamén o noso tendal. Despois xuntámonos para falar dela, ler algún dos seus poemas e tocar algunha peza musical. E tamén aproveitamos a xuntanza para celebrarmos os maios, acompañados do recitado de poemas. E xa—

Ler máis

Saída ao Casco Vello de Vigo (5º e 6º ep)

Hoxe, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria desfrutaron dun percorrido polo Casco Vello da nosa cidade, no cal aprenderon moitos datos sobre a historia da Reconquista de Vigo no ano 1809. Pasárono xenial percorrendo os lugares máis destacados da nosa zona vella (Concello, Castelo de San Sebastián, Porta da Gamboa, Concatedral de Santa María…), acompañados por un guía e un simpático francés que lles ía amenizando o paseo.