Por mor das novas restricións pola COVID-19, a piscina permanecerá pechada ata o día 17 de febreiro. O día 18 reanudará a súa actividade.
-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Por mor das novas restricións pola COVID-19, a piscina permanecerá pechada ata o día 17 de febreiro. O día 18 reanudará a súa actividade.
Este ano, cambiou por completo nosos costumes e as nosas prioridades. Polo que, no canto de centrarnos no que non podiamos facer por culpa do COVID-19, centrámonos en que podiamos facer para que o Nadal do noso alumnado seguise sendo especial. Así que, con limitacións e todo, ao final fixemos moitas actividades diferentes que se cadra, se non fóra por estas circunstancias, non se nos ocorrerían. Unha delas, xa a coñecedes, foi o noso querido lipdub. que se non o—
Xa que este ano vémonos privados do noso festival de Nadal, estivemos preparando un vídeo que rematamos de grabar hoxe, no noso “fin de ano particular”. Todo o alumado está moi ilusionado por ver o resultado final. En futuras entradas veredes todo o que fixemos esta semana, mais vaia por diante esta felicitación. Fixémolo con todo o noso agarimo e agardamos que vos guste.
O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día contra a Violencia de Xénero, data sinalada para dar visibilidade a este problema que involucra e compete a toda a sociedade. Dende o Departamento de Igualdade do centro propúxose traballalo en todas as etapas educativas na medida na que a madurez e momento evolutivo do noso alumnado puidese comprender. Posto que traballar e concienciar desde idades temperás é a mellor maneira de conseguir, algún día, que esta conmemoración non sexa necesaria. Así—