- 
Últimas entradas
- Oferta educativa e Normativa
- Servizos
- Documentos do profesorado
- Departamentos e Equipos
Etiqueta: Dígocho eu
Dígocho Eu no Quiñones de León
Día de gravación #DígochoEu
Visita de Esther Estévez co Dígocho Eu!
 
						O grupo de 2.º da ESO tivo a oportunidade de coñecer a Esther Estévez e gravar con ela un vídeo do Dígocho Eu! Despois da gravación, puideron conversar con ela e co seu equipo, e falar de xornalismo, da TVG e tamén do Digochiño, que tiña seareiros entre a rapazada. Moi pronto poderemos compartir con vós o vídeo.
Arremedamos o Dígocho eu!
Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, animámosnos a arremedar o programa Dígocho eu! Non perdades os dous vídeos se queredes aprender novas palabras e expresións:
Día das Letras Galegas, dígocho eu…
 
						Hoxe é o Día das Letras Galegas, e gustaríanos compartir con vós nesta data uns vídeos que prepararon algúns grupos da ESO. Seguro que coñecedes o programa Dígocho eu. Pois o noso alumnado imitou os vídeos deste espazo televisivo. Así que atentos e atentas… Colgamos clase ou…? Facer a bogada… e ir de esmorga! Xogamos á billarda? Esperamos que vos gusten e que aprendésedes algunha nova expresión coa nosa rapazada!
 
 
	 
 



