En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Esta semana pasada visitáronnos os grandes regueifeiros Pinto e Caruncho. Este foi o primeiro obradoiro desta actividade organizada desde Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Nesta sesión, o noso alumnado coñeceu a orixe desta arte de improvisación oral en verso e puideron practicar o aprendido. Coma sempre, esta actividade está chea de humor, risas e o mellor ambiente!!

Ler máis

Certame de regueifas

Tras dous obradoiros cos mestres da regueifa Luis O Caruncho e Pinto d’Herbón, e as xuntanzas do grupo de regueifeiros e regueifeiras do Quiñones de León, acudimos ao IV Certame Escolar Provincial de Regueifas, grazas á organización da Deputación de Pontevedra, a Asociación ORAL de Galicia e ao CVC de Valadares. Alí compartimos unha xornada entre versos improvisados, risas e aplausos. Estamos orgullosos do noso alumnado, pola súa dedicación e por todo o que amosaron enriba do escenario! E tamén—

Ler máis

Regueifando en primaria

O alumnado de 5.º e 6.º de primaria recibiu a visita dos regueifeiros Pinto e Caruncho. Ensináronlle ao noso alumnado a orixe das regueifas, a súa presenza ao longo do planeta e como se compoñen estas coplas, acompañados do son da zanfona. Despois déronlles algunhas directrices para que puidesen atreverse a facer as súas primeiras coplas e… aquí hai futuro!! Cantaron todos xuntos e despois tamén se atreveron a facelo de xeito individual. Este foi só un primeiro achegamento a—

Ler máis